11.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 27, 2022

O alcalde da Baña di que a Xunta “lávase as mans” na problemática da velutina

José Antonio Pereira:“Hai niños que non temos formas de chegar a eles. E desde a Consellería lávanse as mans e non nós dan unha solución”.

No último pleno, en resposta a unha pregunta formulada polo concelleiro de Compromiso por Galicia, David Gontán, o alcalde da Baña, José Antonio Pereira informaba do “problema  moi serio” que hai no concello coa vespa velutina.“ Hai algúns niños aos que non se chega nin con  camións” lamenta o mandatario.

Insiste que se buscaron distintas fórmulas sen éxito, e agora agarda unha solución por parte da Xunta de Galicia para estes niños pouco accesibles. A  maiores,  xúntase un problema  engadido,  xa que a pesar de que neste municipio actúase diariamente sobre a velutina, desde  fai ano e medio non se rexistraron as actuacións no concello e polo tanto  non están reflexados na  estatística.

Unha alternativa podería ser mediante drons, pero o rexedor lembra que o concello ten recursos limitados e debería contar co apoio da  administración autonómica.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,791SeguidoresSeguir
505SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos