10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Novo intento frustrado do PSOE para que o alcalde da Baña teña un soldo

//X.M Lema//

César Ramos:“A este grupo de  goberno  non  lle gusta  falar  nin debater  só  impoñer”

Faltaba un edil do PP  or a renuncia de Manuel  Tourís, pero esta vez, Compromiso por Galicia cambiou a súa abstención polo voto en contra e a proposta de soldos para o alcalde José Antonio Pereira e a  edila Mónica González, tampouco prosperou. As dúas votáronse por separado con idéntico resultado.

Neste punto asistimos a un longo lume cruzado entre Pereira e Ramos. O portavoz de Compromiso acusou o alcalde de mentir e de non querer buscar acordos.“A este grupo de  goberno  non  lle gusta  falar  nin debater  só  impoñer” sinalou.

César Ramos recriminoulle que “ameazou varias veces con incorporarse  ao seu  traballo, para crispar  aos  veciños”, sen cumprir co seu anuncio. Tamén criticou que se tratase como primeiro punto da sesión a renuncia do edil  Tourís, para que o PP tivese un voto menos e sacar adiante os soldos cunha “artimaña” que cualificou como “algo patético, lamentable e  moi sucio”.

Así xustificou a súa decisión e anunciou que seguiría votando en contra mentres non se incorporase o edil que falta. ”Díxenlle  sete veces que me  chamara” sostivo Ramos, que convidou ao rexedor a dialogar para poder sacar adiante os salarios.

Pereira:” Vostede o único que  quere  é asfixiarnos e  non o  vai a conseguir”.

José Antonio Pereira aclarou que “en todos os plenos  imos a  levar a  proposta  do salario”. Negou que non queira diálogo.”Pedínlle tres veces ou  seu  apoio. Queremos un pacto pero vostede o que pretende é ser alcalde”.

Asegurou que “o concello está a funcionar e estanse facendo as cousas ben”. Pensa que o que pretende Compromiso é bloquear a acción de goberno:” Vostede o único que  quere  é asfixiarnos e non o vai a conseguir”.

Informou que o pasado 15 de  setembro solicitou a incorporación á súa empresa pero que non se trata de algo inmediato.Con respecto á orde do día, o secretario municipal avalou a decisión de colocar a renuncia do edil ao principio:”O  sr  Tourís  non é  concelleiro e  non pode  formar parte dos debates,  nin pode votar”.

Despois de máis de 40 minutos de “man a man”, interveu o portavoz popular Andrés García Cardeso para indicar que “este  non  é o  camiño correcto” e pedir “participación entre todos” para sacar adiante o concello. Tamén anunciou o seu voto en contra.

No soldo de Mónica González xa apenas houbo debate.” Non  entendo cal  é o problema  desta retribución” comentou o rexedor.Na sesión aprobouse por unanimidade unha moción do Compromiso para adherirse a unha campaña contra a violencia de xénero.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos