15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Acusan ao alcalde da Baña de vetar a unha traballadora dos campamentos de verán

O portavoz de Compromiso por Galicia no concello da Baña, César Ramos Domínguez, presentou unha instancia no rexistro municipal na que pide explicacións polo veto a unha veciña que traballaba nos campamentos de verán.

Segundo Ramos “o rexedor deu indicacións  ao xerente da empresa contratada de que non contara cos servizos desta traballadora debido a varias queixas das familias dos nenos e nenas que participaron noutras edicións dos campamentos lúdico-deportivos”.

Dúbidas e explicacións

Desde Compromiso indican que se trata dunha “decisión unilateral” do alcalde que afecta a Luciana García Freita, que é concelleira da oposición no concello de Negreira e polo tanto “queda a dúbida de se o feito de prohibir a súa participación nos campamentos de verán, tal como viña facendo os últimos anos, responde a criterios obxectivos ou simplemente a criterios partidistas e con ánimo de represalia política do señor Pereira”.

Desde Compromiso A Baña piden explicacións públicas ao rexedor e lembra que “a selección de persoal do Concello debe realizarse atendendo aos principios de mérito e capacidade para o posto a desempeñar, no que todas as persoas deben ter as mesmas oportunidades e baixo ningún concepto se ten dereito dende a alcaldía a dar indicacións ás empresas contratadas de quen debe formar parte do seu persoal laboral·.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos