11.3 C
Santa Comba
viernes, junio 2, 2023

“Se fóramos tan inconscientes coma o PSOE, votaríamos por nós e quedaría o PP no goberno da Baña”

Audio coa entrevista. A partir do minuto 36 do programa Na Encrucillada.

O portavoz de Compromiso por Galicia no concello da Baña, César Ramos, está moi satisfeito cos resultados electorais xa que “fixemos historia e somos o único partido que mellorou na Baña e o partido que logrou acabar coa maioría absoluta do PP”.

“Non pasa pola miña cabeza formar goberno con esta xente”

Nunha entrevista en Radio Xallas, Ramos explicou a non entrada do seu partido no goberno municipal:”Nós non confiamos no Partido Socialista. O PSOE non ten un proxecto serio na Baña”.Ramos foi rotundo:”Non pasa pola miña cabeza formar goberno con esta xente, levan moito mais premio do que merecen”

Por ese motivo “optamos por pedir a alcaldía” e tamén lle explicaron ao Partido Popular que se apoiaban a Compromiso “iamos a intentar gobernar e facer un proxecto progresista e sólido” pero sempre con García Cardeso “na oposición”.

Compromiso na oposición 

Asegurou que “Xente afín e xente do PSOE dedicouse a mandar informacións falsas e intentar desprestixiar a miña persoa asegurando que tíñamos un pacto do PP”. Tamén se queixa que durante o proceso negociaron os socialistas “mandaron a Lage Tuñas a negociar, e eu dixen que quería falar da Baña con xente da Baña”.

Defendeu a coherencia de Compromiso: “Se fóramos tan inconscientes coma o PSOE, votaríamos por nós e quedaría o PP no goberno da Baña”. Con todo iso deixou claro que este apoio non é un cheque en branco e aínda que agora mesmo é algo “precipitado” dixo: “Se ao longo da investidura vemos que as cousas non van ben, non teremos reparo en valorar unha opción dunha moción de censura”.César Ramos destacou o traballo feito como único concelleiro.”Imaxinádevos o traballo que podemos facer con dos concelleiros”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,844SeguidoresSeguir
1,130SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos