13.2 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Pereira Gil:“Imos deixarnos a pel para que A Baña estea no punto onde ten que estar”

José Antonio Pereira. Escoita a entrevista a partir do minuto 30 deste audio

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, afronta o mandato con ilusión, aínda que prefería que Compromiso por Galicia formara parte do executivo local: ”Non houbo acordo, non lles interesou esa situación. Houbera sido máis cómodo para todos que houbera un pacto e máis sinxelo tomar decisións”.

De tódolos xeitos xa no pleno agradeceu o “exercicio de responsabilidade” dos concelleiros galeguistas. Agarda que a situación de goberno en minoría non impida o progreso do municipio porque “con diálogo e ganas de traballar non debería de haber problemas”.

“Imos deixarnos a pel”

Considera ademais que “a oposición tampouco está para dicir a todo que non”. Nestas datas Pereira confesa que está tratando de coller o ritmo a esta nova dedicación e anuncia que o PSOE “imos deixarnos a pel para que A Baña estea no punto onde ten que estar”.

Algo que ten claro é que “o alcalde da Baña non pode cobrar 40.000 euros ao ano”. Nunha entrevista en Radio Xallas, Pereira confirmou a incertidume que houbo na sesión de investidura ata o último momento:” “Ata que levantaron a man os compañeiros de Compromiso non sabíamos o que ía a pasar realmente.”

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos