10.8 C
Santa Comba
sábado, abril 1, 2023

“Non quixemos pactar co PP, non quixemos formar goberno co PSOE e tomamos a decisión menos mala”

Compromiso A Baña asegura que traballará desde a oposición.

O portavoz de Compromiso por Galicia no concello da Baña, César Ramos, que apoiou ao candidato socialista José Antonio Pereira Gil para converterse en alcalde, afirmou sentirse “orgulloso” da decisión adoptada.

“Non quixemos pactar co PP, non quixemos formar goberno co PSOE e tomamos a decisión menos mala. Cumprimos o prometido en campaña e cumprimos cos nosos votantes, veciños e veciñas” manifestou Ramos.

Tamén se referiu aos rumores: ”A toda a xente que vos aseguraron que eu tiña un pacto asinado, que me vendera ao PP, que desconfiabades de min simplemente por bulos malintencionados, aí tendes a proba de que vos enganaron e vos utilizaron!! Esa non é a forma de facer política de CxG!! Moitas grazas a todo este equipazo de CxG A Baña e a todos e todas os que confiachedes en min”.César Ramos asegura que comeza “un novo traballo na oposición”. Nesta ocasión estará acompañado por David Gontán.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos