9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O PSdeG ofrece a Compromiso un pacto de goberno liderado por José Antonio Pereira

O Partido Socialista fixo pública a proposta que lle trasladou a Compromiso para promover un cambio de goberno no concello da Baña, mediante un pacto, no que o PSOE ostentaría a alcaldía e Compromiso unha tenencia de alcaldía e tamén asumiría unha das áreas de goberno.

Este é o texto íntegro difundico polo PSOE

Co fin de acadar un acordo de gobernabilidade no concello da Baña, e unha vez analizados os resultados electorais onde o PSOE da Baña consolídase como a segunda forza máis vota co 37,43% dos votos fronte ao 15,71% de CXG, e dado que a suma de ambas forzas supera amplamente á maioría, desde o PSOE da Baña, queremos dar forma ao proxecto político demandado polos veciños de forma clara e concisa: un cambio no goberno municipal.

Despois de reunirse a agrupación socialista, decidiu crear un grupo de traballo para, de maneira conxunta con CXG, conseguir levar a cabo ese cambio tan ansiado pola veciñanza.

Consideramos esta primeira reunión de vital importancia, xa que denota polas dúas partes a intención de chegar a un acordo, que en certa maneira satisfaga a ambos pero que, sobre todo, cumpra coas expectativas plasmadas pola maioría social nas urnas rematando coas nefastas políticas que se levan facendo no noso Concello durante osúltimos 24 anos.

É por isto que propoñemos un pacto de goberno. Un pacto no cal teñan cabida ambos programas electorais. Un compromiso adquirido de consenso co fin de sacar á Baña da situación de letargo na que está sumida dende fai moitos anos. Un acordo para dotar á Baña de servizos e ofertas que supoñan un novo futuro para os veciños, e que por fin nos coloque no mapa, como un Concello progresista.

Atendendo aos resultados electorais (única premisa obxectiva), dito proxecto debe ser liderado polo partido de maior representación (PSOE) quedando unha tenente alcaldía á disposición da segunda forza (CXG). Segundo o número de votos obtidos por CXG, que lle outorgaron dous concelleiros, consideramos que tamén debería facerse cargo dunha das áreas de goberno. Todo isto será garante para manter unha gobernabilidade conxunta da institución municipal.

É por isto que solicitamos teñan a ben valorar dita proposta, e nos contesten coa maior brevidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos