9.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 10, 2024

O PSdeG da Baña solicita unha xuntanza con Compromiso

Propón un pacto de goberno liderado por José Antonio Pereira. Reproducimos o escrito feito público polos socialistas.

Tras os resultados do pasado día 26 de maio, onde o PP da Baña perdeu a maioría absoluta que levaba obtendo nos últimos 24 anos, os veciños situaron ó PSOE como segunda forza máis votada con 989 votos (37,43%), cunha subida en porcentaxe de votos en relación ás eleccións do ano 2015, e a CXG como terceira forza con 415 votos (15,710/0).

Ante esta situación, desexamos levar a cabo un pacto de goberno coa finalidade de ofrecer estabilidade e progreso ó Concello da Baña, xa que a veciñanza deixou ben claro que quere un cambio.

Como non pode ser doutra maneira, este proxecto debe ser liderado polo candidato do partido socialista D. Jose Antonio Pereira Gil, asumindo a participación de CxG en dito propósito.

Co fin de comezar un proceso de negociación, e despois de intentar poñerme en contacto con vostede por vía telefónica o pasado 27 de maio ás 14.43, e o non ter resposta, o noso grupo designou a catro integrantes para formar unha comisión negociadora. E por iso que solicitamos unha reunión para o vindeiro fin de semana de acordo coa súa disposición.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos