2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Compromiso A Baña quere un pacto co PSdeG con César Ramos como alcalde

Reproducimos a nota de prensa de Compromiso íntegra

COMPROMISO ASPIRA A ENCABEZAR UN PROXECTO PROGRESISTA NO GOBERNO MUNICIPAL DA BAÑA
 
César Ramos, portavoz do partido galeguista, manifesta que os resultados electorais e o traballo desenvolvido pola súa organización política na oposición do Concello da Baña son avais suficientes para reclamar a alcaldía nun futuro pacto co PSOE.
 
O pasado 26 de maio os e as  bañenses decidiron co seu voto que querían un goberno de cambio despois de 24 anos de goberno do Partido Popular. Os resultados electorais reflicten que só un grupo político mellora en número de votos con respecto ás anteriores eleccións de 2015, COMPROMISO POR GALICIA que duplica os seus representantes políticos na corporación. O Partido Popular perde un concelleiro e 119 votos e o PSOE 28 votos e, aínda que mantén os 4 edís, colleita uns malos resultados electorais en contraposición ás altas expectativas que contemplaban.
 
A veciñanza do Concello da Baña premia desta forma o traballo desenvolvido por CxG na última lexislatura cun só concelleiro na oposición, defendendo máis propostas que ningún outro partido político, sendo pioneiros na Baña en aspectos como gravar as sesións plenarias e realizando unha fiscalización continua do labor municipal.
 
En toda a pasada lexislatura o traballo desenvolvido por CxG gozou dunha seriedade evidente. Sendo un principio fundamental no traballo municipal de calquera grupo político.
 
Así mesmo as relacións existentes dende un principio co outro partido da oposición (PSOE) non foron as mellores, xa que dende o PSOE tentouse desprestixiar e ningunear o nome de CxG e incluso entorpecer o seu labor na oposición do goberno municipal. Hai que ter en conta que en xuño de 2015 o portavoz do PSOE culpou á existencia de CxG a causa de que non existira cambio no goberno municipal. Ademais dende CxG observaron en campaña electoral  condutas reprochables e condenables por parte de membros do PSOE.
 
Con todo CxG ten intención de crear un pacto de goberno progresista co PSOE que debe estar condicionado a, xa que logo, un único punto, que César Ramos sexa o alcalde e presidente da Corporación Municipal neste mandato, con miras de ofrecer á veciñanza un grupo de goberno serio e estable. Coa sinatura deste hipotético acordo e segundo CxG deben quedar esquecidas todos aqueles desencontros e rencillas persoais e políticas do pasado, comezando un traballo conxunto en aras de mellorar a vida dos veciños e veciñas da Baña, establecéndose como obxectivo común convencer á veciñanza e rematar coa maioría de votos do PP nas vindeiras elección de 2023.
 
O pasado xoves 30 de maio, membros de CxG A Baña xa entregaran ao PSOE uns documentos con todos os puntos marcados nese futuro acordo. Cando os membros de CxG A Baña son os encargados e encargadas únicos de levar á práctica estes contactos co partido socialista, estes poñen en mans de José Manuel Lage Tuñas, secretario de organización do PSOE coruñés a comunicación para un futuro pacto. O PSOE da Baña en ningún momento se puxo en contacto até o de agora coa executiva de CxG A Baña.
 
 “Fomos os verdadeiros vencedores das pasadas eleccións municipais, xa que os nosos resultados electorais fan que por primeira vez en 24 anos o PP perda a maioría no Concello da Baña. O traballo constante e serio de CxG despois de 4 anos na oposición está fora de toda dúbida e por iso queremos encabezar un proxecto progresista no Concello da Baña. Se o PSOE non contempla este pacto dende CxG verémonos na obriga que valorar outros escenarios políticos”. César Ramos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos