8.7 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

César Ramos:”Estou seguro que o cambio na Baña é imposible sen Compromiso“

Acusa ao candidato do PSOE, de tentar desprestixiar e ningunear a Compromiso por Galicia.

Entrevista a César Ramos desde o minuto 29

O candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía da Baña, César Ramos, defendeu a actividade do seu partido, “o que más traballou” durante os últimos catro anos:” Hai outros partidos que están intentando ningunear a Compromiso por Galicia, porque saben que somos fortes e temos a mellor lista electoral de todas e somos xente que vive na Baña”.

Segundo César Ramos as grandes forzas “pretenden que a xente vote por inercia ao que coñecen, PP ou PSOE”. Nunha entrevista en Radio Xallas tamén tivo críticas para os candidatos de PP e PSOE.”Aínda non coñezo a ocupación dos outros dous candidatos, nin onde viven, nin a súa formación, aínda que ao alcalde supoño que, como el di, de profesión é alcalde.Eles viven de cores, de siglas, nós de persoas”.

Ramos asegurou que “imos a por todas” e lembrou que no 2015 “dicían que non íamos a sacar un concelleiro”. Aludiu ao candidato socialista José Antonio Pereira.”Este señor xa leva desde un principio intentando desprestixiar e ningunear a compromiso, el verá o que fai”.

Asegura que despois das eleccións está “disposto a falar” e expresou a súa total seguridade a que “o cambio na Baña é completamente imposible sen Compromiso”.

En relación as súas propostas considera que “o problema máis grande é a perda de poboación” e pretende desenvolver “unha política de captación e atracción de empresas”.

Propón crear un viveiro de empresas, un albergue para aproveitar o tirón do camiño xacobeo, un programa de envellecemento activo, un servizo de transporte adaptado, ou recuperar os campamentos “Val de Barcala”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos