Audio coa entrevista a José Antonio Pereira Gil. A partir do minuto 25.
O candidato socialista á alcaldía da Baña, José Antonio Pereira Gil, está convencido de que o seu grupo vai a ser o vencedor das eleccións municipais xa que “imos a ter un mínimo de seis concelleiros”.
Ten claro que “García Cardeso vai perder a maioría despois de 24 anos sumidos no letargo coas política do señor alcalde” e que o PSOE é “o partido que ten capacidade para o cambio político na Baña e para cambiar o rumbo ao concello hai que cambiar ao alcalde”.
A pesar das friccións entre PSOE e Compromiso por Galicia entende que de darse o caso “non vexo inconveniente en chegar a certos acordos”. Pensa que os veciños valorarán nas urnas “que levamos a mellor candidatura e catro anos traballando” mediante “unha oposición firme”.
Entre as súas prioridades está a construción dun Centro de Día municipal, ou a posta en marchado Polígono industrial. Dixo ter tres inversores que estaban dispostos a asentarse no concello da Baña no caso de que haxa un goberno socialista.“O concello está practicamente morto” afirmou Pereira, que pediu o voto para darlle un xiro a este municipio.