10.7 C
Santa Comba
lunes, marzo 4, 2024

César Ramos:”O grao de melloría de Compromiso será o que marque que haxa un cambio”

Audio coa entrevista a César Ramos. a partir do minuto 31

O candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía do concello da Baña ten claro que o seu “vai a ser o único partido que mellore os resultados de 2015” e agarda ser “a sorpresa” cuns resultados “moi favorables” o vindeiro 26 de maio.

Para César Ramos “o grao de melloría de Compromiso será o que marque que haxa un cambio”.Indicou que presentará “unha lista impresionante con xente moi preparada”.

«O alcalde non cumpre»

Nunha entrevista en Radio Xallas, Ramos fixo un balance crítico da xestión de Andrés García Cardeso, ao que lle outorgou unha nota de 2 sobre 10. Lamentou a falta de iniciativa do goberno do PP.”As mocións apróbanse e os acordos non se levan á práctica. O alcalde non cumpre”.

Puxo como exemplo “o engano e a burla aos veciños” no referente a Reitoral de San Mamede de Monte co Fogar Residencial prometido. “Andrés debería pedir perdón por moitas mentiras que dixo e pola falta de responsabilidade do goberno local” afirmou Ramos.

Entre outras cousas referiuse aos plenos que se celebran  “cando lle apetecen ao señor alcalde, non cando tocan” e que se convocan as 14h a “unha hora posta para que non asista a veciñanza”.

Críticas ao PSOE

Tamén se amosou moi crítico co PSOE, ao que acusou de “utilizar os plenos para ir a rirse” , asegurando non entender a “animadversión” dese grupo cara CxG. “a forma de traballar da agrupación local(PSOE) non ten nada que ver con nós”.

César Ramos reivindicou o traballo do seu grupo que foi o que máis iniciativas presentou no pleno e que “trastocou os  plans de PP e PSOE”.
“Compromiso é  o partido que realmente fai oposición no concello da Baña” declarou o candidato galeguista.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos