Audio coa entrevista a Óscar del Río a partir do minuto 30
O candidato de Terra Galega á alcaldía de Val do Dubra está convencido de que “o obxectivo é loitar pola alcaldía” xa que son “a única alternativa seria a un Antonio Negreira que errou na parte administrativa”.
Terra Galega, unha formación activa no pleno
Óscar del Río sinala que “somos o grupo que liderou a oposición, sendo o que máis mocións, rogos e preguntas presentou” incluso máis co propio goberno de Anova.”Fomos o único grupo que presentou unha moción para que a auga de Coucieiro fora unha realidade” puxo como exemplo o concelleiro.
Para o voceiro de Terra Galega, o concello leva varios anos perdidos. Recrimínalle ao actual alcalde que non fixera “nada” polo Polígono Industrial e que “pedira a dimisión do antigo alcalde porque o PXOM non era bo” e agora cambiara de opinión.
A travesía de Bembibre
Tamén se referiu ao proxecto da travesía de Bembibre:”O proxecto empezou con mal pe, fíxoo a escondidas sen falar con ninguén”, asegurando que había un importante malestar.
“Cando a xente ven falar con nós é porque o equipo de goberno non fixo o seu traballo” manifestou Del Río Pombo nunha entrevista en Radio Xallas.”Daba a sensación que quería que se lle fixera unha moción para sacalo da alcaldía” concluíu. Xunto co portavoz Terra Galega está representada na corporación tamén por Rosa Parafita.