9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Antonio Negreira:”Necesitamos un reforzamento de votos para ter un goberno con forza suficiente”

AUDIO- Escoita a entrevista do alcalde de Val do Dubra a partir do minuto 30 de programa

O alcalde de Val do Dubra fai un balance “moi satisfactorio” dunha lexislatura “complicada e difícil” caracterizada “pola situación de minoría e con bastantes problemas de funcionamento” con varios secretarios e interventores que se sucederon durante o mandato”.

“Demos un trato igualitario aos veciños”

Nunha entrevista a Xosé Manuel Lema no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, Negreira considera “un milagre que a estas alturas Anova estea no goberno”, e confesou que lle dou total credibilidade aos intentos dunha moción de censura que non foi adiante porque había unha maioría social en contra e porque algún grupo “quería máis do que lle daban e non aceptaron a moción”.

O rexedor asegurou que houbo un cambio real no concello e que conseguiu “acercar o concello aos veciños e dar un trato igualitario a toda a poboación”. Afirmou que o goberno “demostrou capacidade para levar o concello adiante con toda a oposición que houbo”, quedando claro que “a única alternativa ao noso goberno é o noso goberno”.

O 90% do programa electoral iniciado

Lembrou que se puxo en marcha “unha rede cultural que non existía”, a humanización de núcleos como o de Cornes e precisou que 2º noventa por cento do programa está iniciado”.

Antonio Negreira Noya tamén se referiu a cuestións pendentes como a aprobación do PXOM “no que estamos reordenando algunhas cousas”. A súa “espiña cravada” e a mellora dos servizos sociais e a aprobación duns orzamentos.

“Non podemos desviarnos do camiño iniciado” reflexionou Negreira para pedir unha maioría absoluta:”Necesitamos un reforzamento de votos para ter un goberno con forza suficiente”. Volverá a liderar unha candidatura que  será continuista con algunha incorporación.

Travesía de Bembibre

O alcalde valorou que se aprobara definitivamente o proxecto de humanización da travesía de Bembibre que “marcará un antes e un despois”. Unha actuación “urxente por seguridade” xa que se trata dunha travesía “perigosa”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos