Concentración este venres no centro de saúde de Bembibre.
Un grupo de nais e pais aproveitaron este venres a concentración de protesta en demanda dunha mellor atención primaria do personal sanitario do Centro de Saúde de Bembibre, no concello de Val do Dubra, para visibilizar a súa situación e pedir «unha mellor cobertura pediátrica», xa que segundo explicou unha das afectadas, Patricia Fraga, fai máis dunha semana que non dispoñen dun servizo que teñen compartido, xa que o profesional deste centro atende tres horas diarias en Bembibre e o resto da xornada en Vite- Santiago.
«Cando está de vacacións ou de baixa o posto non se cubre» engade esta nai, que explicou as dificultades que teñen algunhas nais para desprazarse a capital de Galicia. Nesta xornada presentaron varias reclamacións e pensan seguir coas protestas «a ver se conseguimos algo».
Foto-Patricia Velo