A asociación estudantil Irmandade Galega Universitaria(IGU) presentouse cun acto celebrado na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O presidente desta nova organización, Manuel Martínez define a esta asociación como «organización estudantil herdeira do galeguismo hitórico e do nacionalismo das Irmandades da Fala e a Xeración Nós».
Galeguismo contra os extremismos alleos
Incidiu na importancia de centrar o debate político e académico en Galicia. Entende que «o galeguismo é o mellor antídoto contra os extremismos alleos». A entidade ten un compromiso apartidista.
No mesmo acto, houbo unha conferencia do profesor Xosé Luís Barreiro Rivas que falou sobre o papel do nacionalismo e de partidos como Coalición Galega e o PNG, e analisou o tripartito que gobernou a Xunta logo dunha moción de censura contra Fernández Albor e o chamado “Pacto dos Tilos”.