Segue a polémica entre os grupos da oposición no concello de Baña. Se recentemente o portavoz dos socialistas, José Antonio Pereira acusaba ao portavoz de Compromiso, César Ramos, de plaxiar unha moción do seu partido, agora é Ramos o que recrimina a Pereira a utilización dunhas fotos.
En tono retranqueiro Ramos pregúntse:“o señor Pereira, experto en dereito da propiedade intelectual, colle sen permiso fotos rexistradas (con copyrigth, coas iniciais do noso secretario de comunicación) da web de CxG para utilizalas en comunicacións do PSOE da Baña?”.
“Pódese comprobar que é certo”
Para confirmar que “pódese comprobar que é certo” engadindo unha ligazón a un vídeo de youtube dos socialistas.
Con respecto á anterior polémica, César Ramos recoñeceu que “é certo que hai na exposición parágrafos copiados de varias mocións e de outros documentos” pero negou que houbera plaxio e invitou a adoptar medidas legais se o consideran oportuno. O concelleiro calificou de “preocupante” a “teima deste señor con CxG”.