10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Óscar del Río:”Traballamos por Val do Dubra e somos a alternativa a un goberno que fracasou”

Óscar del Río volverá a ser o candidato de Terra Galega á alcaldía do Val do Dubra.Xosé Manuel Lema.

Óscar del Río confirmou a Adiante Galicia que volverá a encabeza-la candidatura de Terra Galega no concello de Val do Dubra. Está satisfeito polo traballo realizado desde “unha oposición responsable e construtiva” que loitou “polos intereses dos nosos veciños, sendo o grupo que máis propostas presentou” na actual lexislatura.

Non se esqueceu do traballo da concelleira Rosa Parafita “que xa tiña unha experiencia de oito anos que nos serviu de moito”. Valorou tamén o apoio de toda a xente do partido e o contacto directo cos veciños:”Fomos ás parroquias e falamos con toda a xente”, engadiu Del Río, que no ocultou a súa satisfacción porque “podemos sacar adiante obras que levabamos no noso programa”.

O fracaso do goberno de Antonio Negreira

En cambio, non está nada contento coa xestión do goberno de Antonio Negreira e de Anova.”Desde o goberno moitas veces tentouse presionar en vez de querer chegar a acordos” asegura. Pensa que o goberno de Anova “fracasou nas grandes propostas da súa política”.

Para Óscar del Río, os gobernantes dubreses “non foron capaces de presentar uns orzamentos nin tiveron unha iniciativa clara para o Polígono industrial”. Tamén recrimina a paralización do PXOM durante todos estes anos e que “non cambiaran o Plan Xeral que tanto criticaban”. A ausencia de medidas contra a perda de poboación, a perda de subvencións, a falta de limpeza nas parroquias ou a tardanza en pagar as subvencións nominativas, son outras eivas que detecta no traballo do executivo municipal.

Del Río entende que Terra Galega é “unha alternativa de goberno forte, e que traballa polos veciños do Val do Dubra, cun programa, con ideas, e sen movernos por intereses persoais”. Será novamente candidato a alcaldía deste concello.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos