13.6 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

A Federación Galega de Caza nega que houbese unha batida de xabaril en Val do Dubra o día do accidente

Aclaración á noticia publicada por distintos medios.Foto-FGC.

A Federación Galega de Caza asegura que a noticia publicada en diversos medios de comunicación sobre un disparo accidental nunha batida de xabaril (que non foi tal) en Val do Dubra causou un forte malestar no colectivo e aclaran que o accidente tivo lugar no marco “ dun acto de furtivismo”. 

Desde este medio queremos explicar que difundimos unha información que tiña como fonte directa un comunicado da Garda Civil, aínda que isto non impide corrixir o dato erróneo publicado.

A continuación difundimos completas as aclaracións da Federación Galega de Caza, que consideramos de interese para os nosos lectores.

– Unha batida de xabaril é unha modalidade de caza colectiva na que participan de entre 10 a 30 cazadores e non 2 persoas. 

– A batida de xabaril é unha modalidade autorizada pola Consellería de Medio Ambiente através dos plans anuais de caza e plans de ordeación. Está acción furtiva, como é lóxico, carecía de tódalas autorizacións pertinentes que requiren calquera batida que se realiza en Galicia durante a tempada de caza. Polo tanto estamos ante un acto furtivo e nunca relacionado coa actividade cinexética. É mais, nesa fin de semana, non se celebrou ningunha batida ao xabaril no concello de Val do Dubra.

– A batida de xabaril, e segun a Lei de Caza de Galicia, está permitida a súa celebración en horario diurno e con suficiente luminosidade e nunca de noite, momento este no que se produciu dito accidente. 

– A arma e calibre co que se produciu este accidente non esta permitida para a caza na nosa comunidade. Por isto e polo dito anteriormente a FGC aclara que non son cazadores se non furtivos, cousa moi distinta. 

-A FGC desexa que se rectifique dito comunicado ao mesmo tempo que pide rigor informativo e contraste de información ante futuras noticias relacionadas coa actividade cinexética dado que esta desinformación e falta de veracidade danan a actividade e imaxen da caza e dos cazadores da nosa comunidade.

-A Federación Galega de Caza tamén aproveita a ocasión para informar que sempre e de xeito rotundo denunciará e rexeitará calquer acto de furtivismo que danen a caza e o patrimonio natural galego. O cazador galego é e será sempre un cazador que practica a caza amparado na legalidade e de xeito sostible.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos