Informan que a redución de prazas de aparcamento é mínima pero o proxecto inicial modificouse.
Os centos de alegacións veciñais presentradas ao proxecto de humanización da travesía de Bembibre(Val do Dubra) motivaron que o presidente da Deputación, Valentín González Formoso,tivera a iniciativa de promover un encontro cos veciños, onde asegurou que “non imos facer nada que a cidadanía non queira. Adecentaremos o espazo da mellor maneira posible, pero de acordo cos veciños”.
A actuación conta cun orzamento de 413.173 euros, e foi reformada “para incluír un maior número de prazas de aparcamento”.Formoso explicou os detalles do novo proxecto e deixou claro que “e hai que investir un pouco máis farémolo e se chega con investir menos, tamén».
O alcalde destaca a importancia da obra
Estivo acompañado polo alcalde de Val do Dubra, Antonio Negreira, por membros da corporación local e por técnicos. Negreira «a sensibilidade» e «a valentía» do presidente «nun tema moi importante para o noso Concello, que ía no noso programa electoral e que, polo tanto, era coñecido polos veciños».
«O proxecto pódese mellorar, pero en conxunto o beneficio da obra para este concello é importante» afirmou o alcalde. Unha vez resoltas as alegacións tramitarase o novo proxecto modificado a través do Plan de Travesías, coa necesidade implícita de aprobación do proxecto por parte do pleno do Concello de Val do Dubra.
Humanización da travesía de Bembibre
Os técnicos explicaron os detalles no proxecto que inclúe a construción dunha rotonda na entrada á localidade dende Carballo- que rexistra ademais un importante volume de tráfico pesado- que obrigará a reducir a velocidade do tráfico.
Así mesmo, contémplase a mellora da visibilidade nos cruces, eliminando os estacionamentos nas zonas de intersección, a habilitación de máis espazo peonil, coa dotación de beirarrúas máis anchas e novos pasos de peóns e unha mellora da iluminación.