17.1 C
Santa Comba
martes, octubre 1, 2024

Valentín avisa:“Se o PSdeG se mantén como até agora as Mareas o teñen moi fácil”

González Formoso:“Santiago e A Coruña reclaman socialismo de altura para ser votado”

O secretario xeral do PSdeG na provincia da Coruña ten claro que os resultados do Partido Socialista nas pasadas eleccións municipais en cidades como A Coruña, Santiago ou Ferrol teñen que quedar como excepcionais xa que “ter un papel residual é totalmente inasumible”.

Nunha entrevista para o xornal El Correo Gallego publicada este domingo 15 de abril, Valentín González avogou por escoller ós candidatos máis axeitados en cada concello e pediu “responsabilidade e xenerosidade” nas primarias, advertindo que estes procesos deixan”cicatrices” no partido porque son “a cara de can” e poden ser contraproducentes:”Pode darse o caso tamén de que haxa un Felipe González nas filas do partido que non pase as primarias”.

Candidaturas que ilusionen

Para González Formoso é fundamental acertar e no caso das cidades hai opcións e xente válida:“Santiago e A Coruña reclaman socialismo de altura para ser votado”.Nesta entrevista en El Correo Gallego, o secretario dos socialistas e tamén presidente da Deputación, agarda que se superen as 28 alcaldías.

“Se o PSdeG é capaz de presentar candidaturas que ilusionen á sociedade, recollerán froitos e as candidaturas das mareas sufrirán, porque son vasos comunicantes. Se o PSdeG se mantén como até agora as mareas o teñen moi fácil”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos