10.1 C
Santa Comba
martes, abril 16, 2024

Ovidio Rodeiro visitou o espazo rehabilitado de Vigobó

A Xunta investiu 32.000 euros nesta actuación.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá unha finca do lugar de Vigobó, no concello da Baña, que foi rehabilitada da súa condición de punto de vertidos incontrolados, grazas a un investimento de 32.000 euros da Consellería de Medio Ambiente, como adiantara no seu día este xornal.

O alcalde solicitara á Dirección Xeral de Calidade Ambiental que antes da súa cesión ao concello, se procedera ao adecentamento da zona. Nesta visitaRodeiro estivo acompañado pola xefa territorial da consellería de Medio Ambiente, Cristina Carrión e polo alcalde da Baña, Andrés García Cardeso.

Correcta xestión dos residuos

O delegado territorial sinalou que “este tipo de actuacións forman parte dunha  continuada para a correcta xestión dos residuos, na que tamén se inclúen outras instalacións, como son os puntos limpos”. “O obxectivo destes programas”, engadiu Ovidio Rodeiro, “é facilitar aos concellos o cumprimento das súas competencias en materia de residuos urbanos e permitir aos cidadáns realizar unha correcta xestión.

A parcela  de Vigobó, situada na parroquia de A Riba, é dun dos 2.200 predios que inicialmente formaban parte do Banco de Terras, da Consellería do Medio Rural, e dos que se recoñeceu a titularidade municipal a través da Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia (Metaga) por non ter utilidade agraria. 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio levou a cabo a actuación na primeira quincena de febreiro, acometendo a recuperación, restauración, adecuación e limpeza do punto, localizado no lugar de Vigobó, dentro do plan de obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolados. Os traballos consistiron na clasificación dos residuos para a súa reciclaxe ou valorización, perfilado e acondicionamento dos residuos inertes e revexetación mediante ou estendido de terra vexetal e a sementeira con especies pratenses.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos