2.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

25 anos da primeira conexión á rede en Galicia

Foro organizado por Código Cero en Santiago de Compostela.

CESGA- Imaxe Wikipedia

En febreiro de 1993 o Centro de Supercomputación de Galicia(CESGA) conectábase por primeira vez coa rede de redes.Vintecinco anos despois, a revista tecnolóxica galega Código Cero, en colaboración co colexio profesional de enxeñeiros en informática de Galicia, promove un foro para falar e reflexionar sobre todo o camiño percorrido desde entón. E tamén para celebrar a chegada da internet a Galicia.

Será o vindeiro luns a partir das 19,30h no auditorio 2 do Centro de Innovación cultural (Edif. Cinc) da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Prestixiosos convidados no foro de Código Cero

Intervirán Juan Casares Long, Catedrático da Universidade de Santiago e director do CESGA en 1993, Juan Luis Ruiz Buján, responsable de comunicación do CESGA en 1993,Henrique Neira, autor de “Historia da informática.Unha cronoloxía”,José Ignacio López Cabido, subdirector técnico do CESGA e Carlos Pajares, profesor emérito de Física Técnica da USC.

A entrada a este foro tecnolóxico é gratuíta e no mesmo repartiranse exemplares do libro de Henrique Neira. Código Cero é unha revista de ciencia, innovación e tecnoloxía que leva uns 16 anos de historia. Tamén conta cunha edición dixital que xunto coas información habituais publica cada mes o Top-100 dos webs máis visitados, segundo as medicións de Alexa, e no que figuran os diarios Adiante Galicia e tamén Anosacosta.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos