13.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Santa Comba, A Baña e Padrón participan no programa “Europa cos Cidadáns”

A directora xeral de Xuventude reuniuse cos rexedores de Santa Comba, A Baña e Padrón.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez,saudou que os concellos de Padrón, Santa Comba e A Baña se acolleran ao programa “Europa cos Cidadáns”, para irmandarse con outras localidades europeas e desenvolver cooperacións mutuas en proxectos e accións dirixidos á mocidade entre entidades, asociación e municipios de diferentes países”.

Vázquez mantivo un encontro coa alcaldesa xalleira, María Pose, e cos rexedores Andrés García Cardeso (A Baña) e Antonio Fernández Angueira(Padrón). A directora xeral destacou que este programa  “favorecerá o feito de que a mocidade destes tres concellos poidan ter novas oportunidades para o entendemento mutuo con outros mozos e mozas de Europa, así como o fomento da solidariedade, a aprendizaxe intercultural, o compromiso social e o voluntariado a nivel europeo”.

“A igualdade de xénero fai unha Europa mellor”

O concello de Santa Comba promove unhas xornadas denominadas “A igualdade de xénero fai unha Europa mellor” que se desenvolverán entre o 28 de maio e o 3 de xuño, coa participación de 45 mozos de concellos de Eslovaquia, Italia, Portugal e Grecia.Entre outras actividades realizaranse conferencias, reunións e obradoiros nos que se reflexionarán sobre as medidas para a igualdade de xénero que existen hoxe en día nos diferentes municipios, rexións e países. O obxectivo deste encontro é promover estratexias e enfoques innovadores para abordar as cuestións prioritarias no contexto da igualdade de oportunidades.

“Fomentar a solidariedade para unha Europa mellor”

O proxecto do concello de Padrón titúlase ‘Fomentar a solidariedade para unha Europa mellor’. Trátase dun irmandamento no que participan cidades de Portugal, Italia, Eslovaquia, Grecia, Hungría e Alemaña. Este evento, que ten como finalidade sensibilizar á sociedade civil europea sobre as oportunidades que proporciona o feito de pertencer á Unión Europea, terá lugar entre os días 14 e 20 de maio e reunirá a 55 persoas dos sete países participantes.

“Alianza de irmandamento para a acción en solidariedade social”

Pola súa banda, o concello da Baña desenvolverá o proxecto ‘Alianza de irmandamento para a acción en solidariedade social’, do 6 ao 12 de marzo. Esta acción terá lugar en Cerdeña, Italia, onde os participantes desta localidade galega se encontrarán con participantes italianos, de Polonia, Romanía e Letonia.

Fonte- Redacción AG- Nota Xunta

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos