O PSdeG pide medidas de seguridade na AC-546

José Antonio Pereira presentou trescentas sinaturas na Xunta de Galicia.

O PSdeG presentou unha proposición non de lei, na que se insta ao goberno galego a instalar ao longo deste ano 2018, pasos de peóns e regulación semafórica na estrada AC-546, nas parroquias de A Barcala, Corneira e Ordoeste, no concello da Baña.

A proposta será debatida na comisión de Ordenación territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos. Ademáis os socialistas presentaron unha pregunta sobre as previsións da Xunta neste tema.

Destas iniciativas dou conta o voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, despois dunha xuntanza co voceiro socialista na Baña, José Antonio Pereira Gil e coa concelleira Ana Paramos. Posteriormente Pereira e Paramos presentaron no rexistro da Xunta un escrito con trescentas sinaturas que apoian as medidas plantexadas.

Un serio problema na AC-546

Para Fernández Leiceaga é unha proposta “razoable” e anunciou que o seu grupo vai a “estar pendentes de ver como a Xunta resolve un problema que afecta ás condicións de vida nesta zona da Baña”.

Pola súa banda, José Antonio Pereira, cualificou a situación de “serio problema” nunha “estrada perigosa” na que nos últimos anos houbo accidentes mortais.”Os coches pasan a unha velocidade excesiva e os veciños non son capaces de cruzar con seguridade” apunto o concelleiro socialista.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos