8.6 C
Santa Comba
viernes, abril 19, 2024

Terra Galega propón que se pida un tractor á Xunta de Galicia

Este martes o concello de Val do Dubra celebra unha sesión plenaria adiantada.

A corporación local de Val do Dubra celebra este martes unha sesión plenaria que se adianta dous días (o pleno ordinario tocaba o xoves) por cuestións de dispoñibilidade da secretaria. A sesión comenzará as 9 da noite e salvo cuestión que se poidan presentar por vía de urxencia, o máis destacado será a quenda de rogos e preguntas e a moción que presentou o grupo municipal de Terra Galega.

Este partido propón que o concello lle solicite á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia un tractor con desbrozadora, seguindo o que se fixo con outros concellos. 

Terra Galega asegura que Val do Dubra cumpre os requisitos necesarios para optar a este vehículo, xa que conta con menos de dez mil habitantes, reúne un grande número de entidades de poboación, conta con máis dunha parroquia que reixtra unha alta actividade incendiaria e non recibiu ningunha motobomba nos últimos cinco anos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos