Tractores para rozas e mantemento para A Baña, Arzúa, Boimorto, Melide, Santa Comba, Touro e Trazo.
O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, fixo entrega onte mércores dun tractor ao alcalde da Baña, José Andrés García Cardeso.
É un dos sete vehículos mercados na comarca de Compostela grazas ao convenio subscrito coa Consellería do Medio Rural co fin de axudar ás entidades locais nos labores de prevención de incendios. Ademais da Baña, os concellos da área beneficiarios son Arzúa, Boimorto, Melide, Santa Comba, Touro e Trazo, cun investimento de 630.000 euros.
Ovidio Rodeiro destacou “a importancia deste tipo de axudas para os concellos máis modestos” e lembrou que os beneficiarios “foron elixidos baixo criterios obxectivos” como ter menos de 10.000 habitantes, o número de entidades de poboación, o uso en común por máis dun municipio dese tractor, que non recibiran motobombas novas por parte de Medio Rural nos últimos cinco anos, nin máis de 90.000 euros no ano 2017 a través do fondo de compensación ambiental.