O sábado 16 de decembro no Barro celébranse os cinco anos de existencia de Compromiso por Galicia.
Compromiso por Galicia escolleu a localidade da Baña para celebrar o seu quinto aniversario. Neste concello, o partido galeguista desenvolve unha importante actividade e ten representación na corporación na figura de César Ramos. De aquí tamén é o actual presidente da formación, e anterior secretario xeral e candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas.Entendemos que todo isto influiría na elección do lugar. Como tamén que haxa tres veciños deste concello no Consello Nacional(César Ramos, David Gontán e Nerea Vázquez).
Andaina, intervencións e plantación dun teixo
O vindeiro sábado 16 de decembro haberá un encontro na taberna do Barro as 12 do mediodía. Posteriormente, os dirixentes, militantes e simpatizantes de Compromiso participarán nunha andaina ata o Pico de Santa Mariña. Alí intervirán César Ramos, Xoán Bascuas e o secretario xeral Juan Carlos Piñeiro Docampo. Despois terá lugar a plantación dun teixo. Tamén haberá petiscos.
Declaracións de César Ramos
“Estamos moi contentos e orgullosos que a dirección do partido escollera o concello da Baña para esta importante celebración porque se valora moi positivamente o traballo desenvolvido pola nosa agrupación local. Ademais de ser un concello que sempre tivo unha fortes raíces galeguistas xa que na Baña naceu Daniel García Ramos e Avelino Pousa Antelo” declarou César Ramos ao ser preguntado pola redacción de Adiante Galicia.