8.8 C
Santa Comba
jueves, abril 25, 2024

Corneira acolle unha xornada sobre o mundo rural

Terceira xornada do rural “Pousa Antelo” este vindeiro sábado.

O local social de Corneira, no concello da Baña, acolle este vindeiro sábado 25 de novembro a terceira xornada do rural “Pousa Antelo” organizada pola asociación cultural Afonso Eanes, que conta coa colaboración da asociación de veciños de Corneira.

A xornada matinal estará composta por dous relatorios. En primeiro lugar(10,30) o xerente da unión de cooperativas Espazocoop,Tino Gago Conde, falará sobre “o cooperativismo de hoxe para o campo galego”. 

Posteriormente, o tema a tratar será o das “experiencias de sistemas silvopastorais con razas autóctonas” coa intervención de José Antonio Liñares Rey, gandeiro da finca a Ferreira do Val do Dubra que falará sobre a vaca cachena e a cabra galega, dos comuneiros de Monte Cubela-Contimundi Rois que falarán sobre o porco celta.

A muller no rural e incendios forestais 

Despois do xantar haberá unha mesa redonda sobre “a muller no rural” con Olaia Tubío, xornalista, e María Ramos Castro, gandeira e socia de SAT Os Agros Santa Comba.

Para rematar terá lugar unha charla coloquio sobre incendios forestais coa presenza de Sebastián Hernández secretario da asociación profesional de bombeiros de Galicia.

Para inscricións ou máis información afonsoeanes@gmail.com  627162939.

Cartel: Tomás Cuesta

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos