7.3 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Ana Pontón en Touro:”Estamos ante un novo Corcoesto”

O Bloque asegura que estamos ante un exemplo de espolio neocolonial.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pensa que o proxecto de reapertura da mina de Touro, que tamén afecta ao concello do Pino, “é un exemplo de libro de espolio neocolonial dos recursos minerais do país, no que unha multinacional se queda ca riqueza e a cambio deixa contaminación, destrución do territorio e do medio de vida das centos de persoas e dos concellos afectados”.

Acompañada polo deputado Xosé Luís Rivas, a portavoz do BNG mantivo un encontro con veciños da zona aos que expreseou o seu apoio e informou da presentación dunha batería de propostas parlamentarias  contra este proxecto “de minería depredadora a ceo aberto”.

Iniciativas parlamentarias

“Estamos ante un novo Corcoesto” apuntou Ana Pontón, que alertou do risco que suporía esta actividade mineira incluso para a seguridade das persoas xa que inclúe a construción dunha balsa de 126 hectáreas cun muro de contención de 81 metros de alto e 2,5 quilómetros de largo, nunha zona limítrofe con vivendas e nun espazo que hoxe ocupan terras de agrarias e de pastoreo.

O Bloque presentará no Parlamento Galego a moción que xa foi aprobada no concello de Touro e outras iniciativas parlamentarias relacionadas co impacto medio ambiental.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos