8.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 31, 2024

O PSOE preguntará polos problemas de abastecemento na Baña

Os socialistas farán varias preguntas e lembran que o PP rexeitou unha moción o pasado mes de agosto.

O portavoz do Partido Socialista no concello da Baña, José Antonio Pereira Gil, trasladará os “graves problemas” que moitos veciños do concello están padecendo “pola falta dunha rede de subministro de auga potable municipal” e que se agravou como consecuencia da seca que afecta a todo o país.

Pereira Gil preguntará se o goberno que preside o popular Andrés García Cardeso ten ideado algún plan de urxencia ante esta situación, se o concello ten medios para subministrar a auga ás distintas parroquias e se pensou “algunha solución a curto prazo “para rematar con este problema que se agudiza ano tras ano”.

Crónica do pleno do 1 de agosto

Moción rexeitada

Desde o Partido Socialista lembran que no pleno ordinario do pasado 1 de agosto que foi cuberto por Adiante Galicia,  presentaron unha moción para “impulsar un compromiso por parte do Concello na construción, canalización e mantemento, de novos mananciais de carácter comunitarios” que foi rexeitada polo Partido Popular.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos