Os populares critican os prezos do cemiterio e que non se poidan mercar nichos independentes.
“A imposibilidade de poder optar a nichos independentes, entre outras causas, fai que morrer e ser enterrado en Ames resulte máis caro que a media nacional”.A crítica procede do Partido Popular local que calcula que “descansar durante 25 anos no cemiterio municipal suporá un desembolso aproximado de 6.000 euros”.
Esa cifra supérase na cidade máis cara de España, Barcelona, mentres que na máis barata,Cuenca, o prezo anda polos dous mil euros segundo os populares.
Para os seus cálculos colleron como referencia a concesión do panteón tipo “A” por un período de 25 anos, xa que é da que se oferta unha maior cantidades de panteóns, 160.
As contas do Partido Popular
O Partido Popular informa que o usuario deste tipo de panteóns deberá aboar “nun primeiro momento un mínimo fixado en 2.635 euros” pola concesión durante 25 anos. A esta cantidad hai que sumar as taxas administrativas que siman uns 1.090 anos para o mesmo período.
Os servizos de cemiterio(velorio, capela, etc) incrementarían en 384,20 euros a factura e, segundo o PP, aínda que daría por engadir o cadaleito, coche fúnebre, flores, necrolóxica e lápida serían sobre 1.799 euros máis.
Desde o grupo que lidera Oliva Agra critican que desde que o cemiterio situado nos Batáns(Bertamiráns) abrira as súas portas cunha visita guiada o pasado 1 de agosto, non se sabe nada do proceso de adxudicación.