Manifestación contra a «Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais» da Xunta e a xestión dos incendios forestais.
Unhas dez mil persoas, segundo recollen os despachos das principais axencias informativas, secundaron este domingo unha manifestación que tivo unha dobre vertente reivindicativa. A orixinal, protestar contra a «Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais da Xunta», e a de pedir responsabilidades polos incendios forestais que arrasaron 35.000 hectáreas en Galicia. Esta segunda reivindicación uniuse por todo o sucedido nos últimos días.
.
A marcha convocada pola 'Plataforma contra a Lei de Depredación de Galicia' partiu da Alameda e terminou na praza da Quintana. Escoitáronse peticións de dimisión dirixidas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e críticas á Xunta pola lei que promove e pola súa política forestal e a xestión dos incendios.
O actor Quico Cadaval encargar de ler o manifesto dunha manifestación apoiada por distintos colectivos ecoloxistas, sociais ou sindicais e partidos como En Marea ou o Bloque Nacionalista Galego. Na mesma púidose ver a Luís Villares, Xosé Manuel Beiras, Antón Sánchez,Martiño Noriega, Ana Pontón, Ana Miranda, Olaia Rodil ou Noa Presas.
TITULARES PRENSA
Europa Press
Miles de personas gritan 'Nunca Máis' tras los incendios y exigen la dimisión de Feijóo
La Voz de Galicia
Miles de personas exigen responsabilidades políticas ante la ola de incendios
El Correo Gallego
Miles de personas protestan por la ola de incendios forestales
Agencia Efe
Miles de personas protestan contra los incendios en la región española de Galicia
La Opinión Coruna
Miles de personas claman contra los incendios en Galicia