18.6 C
Santa Comba
miércoles, julio 17, 2024

Santiago acolle o IX Congreso Galego de Familias Numerosas

Sábado 21 de outubro.Asistirá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.

 O salón de actos do Instituto Galego de Vivenda e Solo do centro comercial Área Central acolle esta vindeira fin de semana (sábado 21 de outubro) o noveno Congreso Galego de Familias Numerosas baixo o lema “Familias Numerosas: a renovación de Galicia”.

Asistirá o presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a concelleira de políticas sociais do concello de Santiago, Concha Fernández.

O Congreso comenzará o sábado as 11 da mañá. As 11,30 terá lugar entrega dos premios AGAFAN que este ano terán como destinatarios ao concello de Vigo, La Voz de Galicia, Vegalsa-Eroski, e a asociación cultural turística e deportiva para a promoción do turismo en Galicia.Pechará o acto Alberto Núñez Feijóo.

Dúas mesas redondas

As 12,45 celebrarase unha mesa redonda sobre “demografía e políticas familiares” na que participarán a directora xeral de Familia, Amparo González, o investigador Santiago Lago Peñas,  a comisionada do goberno fronte ao reto demográfico, Edelmira Barreira, e o sociólogo Luis Ayuso.

Pola tarde haberá outra mesa redonda sobre “familias numerosas e o seu sinal nas redes sociais” coa intervención do campión olímpico de atletismo e pai de familia numerosa, Fermín Cacho, o doutor José María Villalón, e de Óscar Barreiro Ucha, blogueiro que percorre o mundo en trike coa súa familia.

Clausurará José Manuel Rey Varela

O presidente de AGAFAN, Luis Sánchez González e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela pecharán o congreso a partir das 17,15. Coordinará o evento a xornalista Marta Darriba. 

Paralelamente as actividades dos adultos haberá unha programación especial para os nenos e nenas con distintos xogos e obradoiros por idades. Tamén se celebra durante a fin de semana o Salón das Familias, no que estará presentes distintas marcas de alimentación, coches, seguros, ocio, turismo familiar  que darán a coñecer as súas ofertas ás familias.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos