9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Plenos nos concellos da Baña e do Val do Dubra

Este venres plenos matinais extraordinarios nestes dous concellos das Terras de Compostela.

Este venres 13 de outubro é día de plenos. O primeiro en comezar será o da Baña.O alcalde Andrés García Cardeso, convocou para o vindeiro venres as 10 da mañá un pleno extraordinario e urxente co obxectivo de aprobar a conta xeral do ano 2016.

A través das redes sociais, o portavoz de Compromiso por Galicia,  César Ramos criticara que se agardase ao último día de prazo para levar a conta xeral a un pleno.O último pleno celebrouse o pasado 27 de setembro. Crónica do pleno

Pleno no Val do Dubra

Dúas horas máis tarde o foco informativo estará en Bembibre, no salón de plenos do concello do Val do Dubra onde se celebrará unha sesión plenaria extraodinaria solicitada polos dous edís de Terra Galega é polo independente Cándido Señarís.

Solicitan que se proceda ao pago das subvencións nominativas a entidades deportivas, culturais e asociacións que está pendente do exercicio 2016 e emprazan ao alcalde Antonio Varela a que aclare “se houbo deixadez de funcións, e ata onde chegan as responsabilidades deste grave fallo administrativo”.

Neste concello hai outro pleno pendente de celebrarse, e que foi solicitado polos concelleiros do grupo municipal do Partido Popular que propoñen a retirada do soldo do alcalde mentres non se pague a débeda aos provedores e que se debata sobre o proxecto de humanización da rúa Arcai.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos