13.6 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

“Chove sobre mollado no tráfico de negocios neste concello”

O Partido Popular de Santiago denuncia “un irregular e sospeitoso tráfico de madeira” nunha tala realizada en Lamas de Abade.

O Partido Popular de Santiago de Compostela denuncia “unha tala masiva e sen control” nunha leira na zona de Lamas de Abade.O concelleiro Alejandro Sánchez-Brunete criticou unha “deforestación masiva” de pinos e eucaliptos nunha finca de propiedade municipal de 5.000 metros cadrados.

A actuación xera dúbidas: “Por unha banda, suscita moitas dúbidas que semellante tala constitúa unha correcta xestión da biomasa vexetal –tal e como se recolle no expediente-; e, por outra banda, se o concello quere vender un ben público, ten que taxalo antes, un paso que Compostela Aberta obviou”.

Unha empresa elixida a dedo por Compostela Aberta

Pide que se acredita a necesidade da tala e que aclare que dese o goberno se consentiu esa forma de talar.“Todo apunta a que o concello entregou a unha empresa elixida a dedo as árbores dunha finca municipal de 5.000 metros cadrados, sen taxalas previamente de forma obxectiva” afirmou Sánchez Brunete.

“Hai uns meses, descubrimos un tráfico irregular de expedientes de Urbanismo, desde a mesa do señor Duarte ao cubo do lixo; máis tarde, descubrimos o tráfico ilegal dun inmoble municipal –a Casa da Xuventude- a uns amigos; recentemente, descubrimos tráfico de datos persoais de veciños, entregados sen garantía a varias empresas no proceso de Orzamentos Participativos; e, agora, descubrimos un irregular ou sospeitoso tráfico de madeira”.

Os populares botan en falta unha taxación da madeira e subliñan a escandalosa coincidencia entre o prezo dos traballos da tala e o valor patrimonial da madeira.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos