11.9 C
Santa Comba
miércoles, febrero 28, 2024

A humanización da rúa Arcai entra no debate popular de Bembibre

O alcalde convoca unha xuntanza informativa despois de que o proxecto fora aprobado pola Deputación provincial da Coruña. En Bembibre son múltiples os comentarios sobre esta obra.

Acto informativo este xoves

O equipo de goberno do Val do Dubra, que preside Antonio Negreira, convocou aos veciños a unha xuntanza informativa sobre o proxecto de mellora da seguridade viaria na CP 1914 ao seu paso pola travesía de Bembibre.

O acto terá lugar este xoves 5 de outubro no salón de actos da Casa da Cultura a partir das 20h. O proxecto foi aprobado no pleno da Deputación do 29 de setembro e conta cun investimento de 413.173 euros.

Unha boa ocasión para que os veciños e comerciantes da zona clarexen dúbidas, xa que logo de coñecerse a aprobación do proxecto, o tema está a dar para moitos comentarios na capital municipal, xa que estamos a falar dunha actuación moi importante.

 

Un investimento de 413.173 euros

Segundo a Deputación as obras consistirán no fresado e pavimentado da capa de rodaxe e na demolición das beirarrúas e bordos existentes,co obxectivo de ofrecer máis espazo para o tránsito dos peóns e de reordenar as prazas de aparcamento.

As novas beirarrúas terán 2,25 metros de ancho e estarán executadas en baldosa granallada, sobre unha base de formigón de 10 centímetros,e contarán cun bordo de granito para separalas da calzada.Así mesmo, construirase unha rotonda na intersección coas rúas Dubra e Muíños, co obxectivo de mellorar a ordenación do tráfico e de reducir a perigosidade do cruce.

Terra Galega preguntou no último pleno

O portavoz de Terra Galega,Óscar del Río, preguntou no último pleno ordinario por este proxecto e pediu que previamente se contara “coa opinión dos negocios, veciños e usuarios da rúa Arcai”.

O alcalde Antonio Negreira dixo que “a humanización” da rúa Arcai estaba incluída “no programa de Anova” e recoñeceu que a mellora podería “afectar a prazas de aparcadoiro”, pero defendeu a necesidade de dar maior seguridade aos peóns:“A rúa ten que ser tamén para a xente” manifestou o alcalde.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos