8.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 31, 2024

Un incendio nunha cociña en Santiago deixa varias personas intoxicadas

Catro persoas afectadas e un Bombeiro lesionado de carácter leve  ao incendiarse unha cociña  en Santiago. 

Un incendio declarado a pasada tarde na cociña dunha vivenda en Santiago de Compostela deixa catro persoas intoxicadas por inhalación de fume. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, dous dos afectados tiveron que ser evacuados a un centro hospitalario. Así mesmo,  un bombeiro, tamén, aínda que de carácter leve, resultou afectado e foi atendido no mesmo punto polo persoal sanitario.  

Os feitos tiveron lugar na rúa Santiago de Chile, á altura do número sete. Foron varios os particulares que contactaron co 112 Galicia ao fío das 18:00 horas, para pedir axuda. Indicaban que ardía un piso, que vían lapas pola fiestra e escoitaban berros. Ademais,  estaban desaloxando aos inquilinos da vivenda.

Con estes datos, os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) informaban de inmediato ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Santiago, á Policía Nacional, á Policía Local e a Protección Civil.

Finalmente, sobre as 20:45 horas os Bombeiros daban por finalizadas as tarefas de extinción. Ardeu, por causas descoñecidas, a cociña na súa totalidade.  

Fonte- AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos