O alcalde insiste en desmentir unha nota de prensa publicada no Facebook do concello.
VIDEO ADIANTE TV
O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, informou que mantivo xuntanzas co secretario xeral de Política Social e coa Directora xeral de Familia para pedir que se axilicen uns informes sobre a Reitoral de San Mamede, e que con esa documentación o corporación deliberará “con toda transparencia” sobre o uso do inmoble.
García Cardeso quere saber se hai que manter o obxecto inicial do convenio, o da Vivenda Comunitaria, ou se pode optar polo proxecto da Fundación Anxiños.”Hai que ser consecuentes co que se asinou naquel momento”.
Crónica do pleno da Baña nesta ligazón
Foi a resposta a unha pregunta presentada por escrito polo portavoz de Compromiso por Galicia, César Ramos, que tamén volveu a pedir explicacións pola publicación do Facebook municipal dunha noticia que o alcalde aseguraba que era falsa.”Isto serio non é” lamentou Ramos.
A pesar de que a información saíu como nota de prensa propia, García Cardeso insistiu en que el non fixo esas declaracións: “O que sae na prensa non sempre é todo realidade” sentenciou.


