Compromiso pedirá explicacións pola situación da Reitoral de San Mamede// O pleno tamén tratará o arranxo do muíño da Calexa, a cesión do centro de saúde e os festivos locais para o 2018.
O concello da Baña celebra este vindeiro mércores (14,00h) un pleno ordinario no que se tratará sobre o proxecto de “arranxo e reforma do muíño da Calexa”, a cesión do Centro de Saúde ao Sergas, e a elección dos festivos locais para o ano 2018.
Tamén se debaterá unha moción de Compromiso por Galicia que propón a adhesión a campaña «En negro contra as violencias».
Unha polémica viva desde hai meses
O concelleiro galeguista,César Ramos, tamén preguntará sobre a situación da Reitoral de San Mamede de Monte, un dos temas que máis debate suscitou nos últimos meses.
Ao través das redes sociais municipais o goberno local expresaba o seu apoio ao proxecto da Asociación Anxiños para instalar un centro residencial para acoller a a nenos enfermos psiquiátricos ingresados no Hospital Clínico. Pero días despois nun pleno, o alcalde Andrés García Cardeso asegurou que a decisión non estaba tomada e non se responsabilizaba da publicación aparecida no Facebook do concello.Agora desde Compromiso por Galicia agardan que se aclare este asunto.
Como é habitual Adiante Galicia volverá ao salón de plenos do concello da Baña para facer un seguimento da sesión.