5.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

«Hai un procedemento que está a agravar o conflito e favorecer a secesión»

Antonio Negreira, alcalde do Val do Dubra:»As Constitucións cámbianse, modifícanse e desde logo para o teito de gasto cambiouse a Constitución nun minuto ou nunha noite». Vídeo Adiante TV.

A corporación local do Val do Dubra aprobou unha moción do Partido Popular de “rexeitamento ao referendo secesionista” de Cataluña. Os populares encontraron o apoio de Terra Galega e da Agrupación Dubresa Independente.O alcalde e concelleiro de Anova, Antonio Negreira, anunciou o voto en contra e defendeu a consulta que se pretende levar a cabo, aínda que asegurou falar desde «un criterio político e non de goberno».

“Estamos en contra de que non se admita o dereito a decidir” afirmou Antonio Negreira que considera que se trata dun “dereito básico” e polo tanto posicionouse “en contra dos criterios que está a seguir o goberno do estado para solucionar este problema”.

Antonio Negreira:»Non queremos a ninguén a forza en ningún sitio»

Para o alcalde do Val do Dubra “se existe un problema hai que darlle unha solución.Non queremos a ninguén a forza en ningún sitio. Hai que encantar, hai que convencer aos pobos para que queiran estar dentro do estado”.

Negreira Noya ten claro que “as Constitucións cámbianse, modifícanse e desde logo para o teito de gasto cambiouse a Constitución nun minuto ou nunha noite». E criticou a actuación do executivo que preside Mariano Rajoy en todo este proceso xa que entende que «por parte do goberno de Madrid hai un procedemento que está a agravar o conflito e a favorecer a secesión, a que din que non queren que exista».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos