18.1 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

Ramón Varela:”Dos grupos da oposición dependerán as medidas que se tomen”

O PP defende a súa proposta e convida á o resto da oposición a buscar solucións para que poidan cobrar os provedores. Vídeos Adiante TV.

O portavoz municipal do Partido Popular do Val do Dubra, Ramón Varela, compareceu acompañado polos concelleiros Jesús Neiro e Arturo Noya. E fíxoo nun restaurante de Bembibre “non como o alcalde que cada vez que convoca unha rolda de prensa faino en Santiago de Compostela”.

Na súa intervención xustificou o pleno extraordinario no que piden explicacións e propoñen a retirada do soldo do alcalde, Antonio Negreira:”O alcalde está cobrando e as empresas e autónomos están afogados porque non cobran do concello. Propoñemos que se lle retire o soldo mentres non cumpra coa lei de pago a provedores”.

Varela deixou claro que para prosperar esta iniciativa necesitan dos votos de Terra Galega e de Independentes por Val do Dubra. E puxo a pelota no teito destas dúas formacións:.”Votar en contra significa que se lle acepta a situación actual e a abstención significa que nin importan as empresas nin se quere facer nada para axudalas. Dáselle carta branca ao goberno actual”.

Desde o Partido Popular advirten ao alcalde que “non nos vai a intimidar” e lembran que os plenos extraordinarios son legais, desmentindo calquera posibilidade dunha moción de censura:

“Nós nunca falamos de moción de censura. Non barallamos esa posibilidade. Que goberne o que ten máis votos pero senón sabe gobernar que teña dignidade e que se vaia”.

Para Ramón Varela a xestión de Antonio Negreira “é nefasta”. E lembrou a perda de dous obradoiros de emprego:”Tamén pediremos explicacións por estes cartos que se esfumaron pola mala xestión de Anova”.

Sobre as queixas do actual rexedor pola herdanza recibida desde o PP aseguran que “a herdanza que recibiu foi un remanente de 532.000 euros e as contas claras”. Os populares engaden que “no concello do Val do Dubra nunca houbo reparos de facturas pero neste pleno ordinarios lévanse dez facturas reparadas. Xamais pasou isto no concello”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos