5 C
Santa Comba
sábado, marzo 30, 2024

“O necesario cambio na Baña ten que ser liderado por Compromiso”

Folleto informativo no que Compromiso por Galicia na Baña afirma ser a “única alternativa real e eficiente de cambio” e valora os dous anos de mandato.

Compromiso por Galicia na Baña está distribuíndo unha folla informativa na que fai balance do traballo deste grupo na corporación local e na que valora o traballo do seu único edil, César Ramos.

”O noso concelleiro e defendeu máis do dobre de propostas que todos os concelleiros de PP/PSOE xuntos” sinalan neste publicación na que fan un reconto das 18 mocións presentadas, de actividades organizadas como a exposición do fotógrafo Javier Iglesias Ramos, ou de aspectos do seu programa electoral que foron trasladados diante do pleno municipal.

Pero nesta folla informativa Compromiso tamén se reivindica como “a única alternativa real e eficiente de cambio” no concello. Hai dúas forzas máis, O PP no goberno con seis concelleiros e o PSOE na oposición con catro representantes.

Artigo de David Gontán

Pero nun artigo, o secretario de organización local, David Gontán, sinala que “estamos demostrando ser a verdadeira oposición ao PP” e aplaude o traballo de César Ramos:“Nunca se fixo tanto con tampouco a pesar de estar él só e e a maioría das veces sen contar con apoio de ningún dos demais  concelleiros”.

Seguindo en clave política, Gontán insiste que “o necesario cambio na Baña ten que ser liderado por Compromiso”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos