7.3 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

Apróbanse os orzamentos da Baña cos votos a favor do PP

O concello da Baña dou luz verde aos orzamentos para este ano co voto a favor do Partido Popular e en contra de PSOE e Compromiso por Galicia.En breve colgaremos uns vídeos sobre este pleno.

andres-garcia-cardeso

Investimentos sostibles e equilibrio orzamentario

O orzamento ascende a 3.445.255 euros, un 4,5% maís que o anterior,dos cales 1.061.000 destínase a investimentos reais, 1.174.000 euros a bens e servizos e 996.00 euros a gasto de persoal. No apartado de investimentos recóllense actuacións como a humanización do núcleo de Señor(108.735) de Castiñeira(131.904 euros) ou a instalación de caldeiras de biomasa no centro de saúde de San Vicente ou nos centros sociais do Barro e Seoane”.

Segundo o alcalde, o popular Andrés García Cardeso son unhas contas feitas para a “eficiencia e a eficacia” que reflicten “investimentos sostibles e o equilibrio orzamentario” nun concello que goza de boa saúde económica o que permite realizar distintas actuacións:”Noutros concellos vai todo para pagar débedas a provedores e préstamos bancarios”.

García Cardeso tamén anunciou o aumento das horas de atención ás persoas dependentes no concello e a posta en marcha “dun plan municipal de investimento que se converterá nun revulsivo para a situación de desemprego”.

Orzamentos “cando quedan só catro meses para o remate do ano”.

O portavoz de Compromiso por Galicia, César Ramos, asegurou que a aprobación deste orzamento era “un requisito legal” que se facía “cando quedan só catro meses para o remate do ano”.

Ramos fixo alusión a “gastos dubidosos” entre os que citou 8.000 euros en vestiario, 18.500 euros en material de oficina, ou 38.500 en indemnizacións.

Tamén se referiu as baixas previsións de ingresos por aluguer de instalacións deportivas ou a falta de previsión de ingresos por excursións ou das escolas deportivas municipais.

“Non son os orzamentos que merece o concello da Baña”

O voceiro do Partido Socialista, José Antonio Pereira Gil, tamén se queixou da tardanza en aprobar os orzamentos:”O ideal sería que se aprobaran a finais do ano anterior”.

Centrou as súas críticas na falta de fondos para os saneamentos e a creación de emprego. Non considera normal que haxa “unha partida saneamento de 46.000 euros, e en festexos dedíquense 50.000 euros, que non inclúen as festas parroquiais”.Xustificou o voto en contra con outra crítica:”Coa alta taxa de paro que temos non entendemos como só se destinan 67.000 euros a fomento de emprego”.

José Antonio Pereira indicou que o orzamento non recollía as propostas do seu grupo:”non hai un só euro dedicado ao polígono industrial nin a frear a sangría demográfica”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos