Vídeonoticia//Compromiso por Galicia recrimina a nota de prensa difundida polo concello sobre o uso da Reitoral de San Mamede de Monte.“Dixen que íamos ser transparentes” asegura García Cardeso.
Tivo que chegar a quenda de rogos e preguntas de César Ramos para que se falara dun dos asuntos de máxima actualidade das últimas semanas no concello da Baña.
O voceiro de Compromiso criticou o contido dunha nota difundida desde o concello aos medios e amplificada nas redes sociais e na que o concello expresaba o seu apoio ao proxecto da Fundación Anxiños.
Debate entre Cardeso e Ramos
“Ti prometiches que ía a ser aquí onde se tomara unha decisión final” dixo César Ramos, mentres o alcalde asegura que non era “responsable do que digan os xornalistas”.
Quen leva o Facebook do concello da Baña? preguntaba César Ramos que insistía que se trataba dunha publicación nun medio oficial, pero García Cardeso insistía:”Eu non o puxen”. O rexedor aclaraba que o seu compromiso era “ser transparente” e traer os informes ao pleno.
“É evidente que a decisión está tomada e poden facelo porque teñen maioría absoluta pero asuman que o proxecto foi un auténtico desastre durante todos estes anos”manifestou o concelleiro galeguista.