7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Debate sobre a auga e os eucaliptos no concello da Baña

As mocións presentadas polo PSOE e Compromiso no pleno ordinario da Baña foron rexeitadas.

Apoiar ás especies autóctonas

As dúas mocións que se debateron no pleno da Baña foron rexeitadas polo Partido Popular. Nunha delas, Compromiso por Galicia solicita a elaboración “dunha ordenanza municipal que inclúa beneficios para os propietarios de plantacións con especies autóctonas” e que regule a utilización dunha especie “exótica e invasora” como é o eucalipto. César Ramos demandou que se “manteña un control e se faga cumprir a lei”.

Precisamente as leis vixentes foron o argumento para o voto en contra do PP.”A cuestión non é prohibir os eucaliptos senón ordenar o monte” afirmou Andrés García, que avogou pola concienciación social e acusou ao voceiro galeguista de dicir que “o eucalipto era unha peste”, algo negado por Ramos. O PSOE apoiou a proposta de Compromiso.

Moción rexeitada do Partido Socialista

A moción do PSOE tampouco saíu adiante.Propoñían a elaboración dunha ordenanza “para que o concello participe na construción, canalización e mantemento das minas de auga veciñais”. 

No fondo, como explicou José Antonio Pereira a intención era “regular as axudas a asociación de veciños e comunidades de augas, e que se regule ata onde pode axudar o concello sen entrar en polémicas”.César Ramos estivo “totalmente de acordo” coa proposta se ben propuxo que se fixera un estudo para ver “en que parroquias era máis necesario”.

“Axudamos no que nos piden” indicou o alcalde, que alertou de que era un asunto complexo porque na actualidade existían unha 30 comunidades de augas legalizadas e sobre un cento que aínda non están actualizadas, polo que non era unha cuestión menor.Despois dunha aclaración bastante ilustrativa do secretario municipal Celestino Amigo, desde o PP suxeriuse a posibilidade de que o asunto quedara sobre a mesa para estudar unhas bases de axudas ou subvencións, pero finalmente o PSOE pediu que se votara a moción, que foi rexeitada.

Rogos e preguntas 

O voceiro do PSOE demandou actuacións para mellora a rede de saneamento municipal “porque en 22 anos as actuacións foron escasas” e informou que en Troitosende houbera varias denuncias por vertidos. García Cardeso pediu que non se alarmara cun problema derivado “dun pozo”.

Os socialistas preocupáronse por falta de limpezas e outras deficiencias e tamén lamentaron que “dous anos non se escoitara unha palabra” do proxecto do Polígono Industrial nin se adoptara ningunha medida para evitar a perda poboacional.

Desde Compromiso por Galicia, aparte da polémica sobre a reitoral de San Mamede, introduciron distintas cuestións, entre elas o recoñecemento pendente a Avelino Pousa Antelo, as deficiencias do acceso a internet e da páxina web municipal, ou a falta de pediatras no centro médico.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos