15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

O concello da Baña anuncia investimentos por máis de 244.000 euros

O goberno local que preside Andrés García Cardeso anuncia obras e o Partido Socialista presenta unha moción sobre o abastecemento de auga.

O concello da Baña realizará, antes do vindeiro mes de novembro, actuacións por importe superior aos 244.000 euros segundo informan fontes municipais. Unha desas  obras é a mellora o polideportivo de San Vicenzo, consistentes na sustitución das actuais fiestras e pintado interior, financiadas na súa totalidade pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta cun orzamento de 40.000 euros.

Tamén se iniciou o proceso de licitación das obras para a reparación da cuberta da casa consistorial e melloras do reloxo e das oficinas centrais da mesma, que contan cun orzamento total de 61.116 euros. Neste caso a Xunta aporte 40.000 euros e o resto o propio concello.

Desde o executivo local tamén informan que está en fase de licitación o proxecto de mellora da accesibilidade do multiusos de San Vicenzo(77.144 euros) e a rehabilitación e a condicionamento do centro sociocultural do Gosende (Ermida), que conta cun orzamento de 65.000 euros.

Moción do PSOE da Baña

O voceiro do grupo municipal socialista da Baña, José Antonio Pereira, presentou unha moción na que insta a que se redacte unha ordenanza municipal “para que o concello participe na construción, canalización e mantemento das minas de auga veciñais” co fin de garantir o reparto da auga a todos os veciños.

José Antonio Pereira lembra que o 95% dos veciños sofren unha “situación de abandono no que a subministre de auga se refire” e asegura que “a falta dunha rede de subministro municipal cle auga, limita a construción cle novas vivendas, e o asentamento de novos veciños no Concello, outro dos factores a ter en conta na constante perda de poboación”.

A sesión plenaria ordinaria do concello da Baña está previsto que se celebre para a vindeira semana.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos