5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Terras de Compostela, nova edición de Adiante Galicia

Neste día tan cheo de simbolismo e historia. Nesta xornada onde Santiago é o epicentro dos sentimentos da galeguidade e da tradición, pero tamén de bos desexos para o futuro, Adiante Galicia estrea unha nova edición no seu diario dixital, para dar un paso máis nun proxecto informativo que cumpre tres anos.

Neste tempo, e grazas aos nosos lectores a patrocinadores, conseguimos converternos nun dos medios nativos dixitais máis importantes e influentes de Galicia. Sempre cun forte compromiso coa pluralidade e coa nosa terra.

Ao marxe das distintas seccións, temos unha vocación polo xornalismo local. Comezamos cunha edición específica para a Costa da Morte, continuamos coa recente edición Costa Ártabra e hoxe, no Día de Galicia, botamos a andar “Terras de Compostela”.

Nesta edición incluiremos os concellos da comarca de Santiago e tamén os dous concellos do Val do Barcala.

Ames

A Baña

Boqueixón

Brión

Negreira

Santiago de Compostela

Teo

Val do Dubra

Vedra

Coma sempre estamos abertos a recibir colaboracións, notas de prensa e a atender as propostas das persoas que queiran sumarse a esta realidade xornalística. Para contactar coa nosa redacción

contacto@adiantegalicia.es e tlf/whatsapp 693287749

Seguimos Adiante, como dicía aquel vello galeguista:”Adiante, tarefa escura pero adiante”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos