A controvertida etimoloxía de Jallas

Algúns estudosos do tema da toponimia fan derivar o hidrónimo Xallas dunha raíz «salia» «sal», co significado de «corrente de auga», «auga en movemento», mais o nome do río Xallas na antigüidade era Eçaro, un hidrónimo que procede dunha antiga raíz indoeuropea «isaro», co significado de «impetuoso» «vigoroso» e que fai referencia a súa violenta desembocadura en forma de catarata no mar.

Para resolver a controvertida orixe do nome do río Xallas soamente nos queda acudir ata a, dende fai pouco, descoñecida compoñente normanda en terras de Santa Comba. É sabido agora que os normandos ocuparon núcleos como Boaña en Castrís ou Ser en Santa Comba. Tanto o núcleo rural de Boaña como o de Ser comparten certas semellanzas urbanísticas, fronte ás aldeas tradicionais de natureza compacta, tanto Ser como Boaña desenvólvense exteriormente arredor dun anel que fica baleiro, semella como relembrando o recinto de madeira do asentamento normando. Tamén temos moi preto a estratéxica torre de Randufe que tamén semella facer referencia ao temible vikingo «Ulfo o galego».

En nórdico antigo, o termo «hǫll/höll/hall» provén dunha raíz moi antiga que significa algo así como «lugar cuberto ou protexido» «refuxo pechado» e foi evolucionando ata significar «salón», especialmente un lugar de importancia social ou ritual para unha comunidade, como Valhalla (o salón dos caídos na batalla).

Tamén compartindo a mesma orixe etimolóxica, e quizais a orixe de todo, temos o termo nórdico «hallr» ou «hall», co significado de «chaira rochosa». En nórdico antigo «hallr» pode significar «pedra» «rocha» ou «chaira rochosa», «lousa» ou «enlousado». Deriva do proto-xermánico *halluz que tamén se relaciona con superficies duras e rochosas e planas. Esta raíz tamén aparece en outras linguas xermánicas como o anglosaxón «heall», co significado de «rocha» ou «pedra» e o gótico «hallus». A idea de chaira rochosa podería ser unha extensión da idea de superficie plana e dura e de salón. En nórdico antigo a palabra «hella», tamén escrita como «hjalla» ou relacionada con «hallr» ten un significado asociado a «lousa rochosa», «pedra plana», «plataforma rochosa». A rexión de Halland en Suecia é unha penechaira de erosión de paisaxes suaves e ondulantes. Tamén Helleland, na illa de Baffin, foi nomeada polos vikingos como a terra das «pedras planas». Neste senso, tamén Holland podería ter un significado semellante. O anterior redundaría na idea de «gandarón», como unha penechaira rochosa de especial importancia política e social para a comunidade, e que xa recolle o topónimo romano de Grandimirum ou «gándara dos xefes». A penechaira de Xallas de Castrís debeu ser un lugar xeográfico moi importante dende un punto de vista político e social, un lugar poderoso onde ubicar o mítico Monte Medulio das crónicas romanas.

Deste xeito, xunto aos normandos, aquí tamén deixaron a súa pegada tamén os árabes. Así a lagoa de Alcaián, no río Mira, deriva do termo árabe «al-kayan», un termo usado para definir unha «institución», «unha entidade política» ou «incluso unha nación» con «identidade propia» e «estrutura nacional», un «estado». Neste senso moi preto de Castrís temos o topónimo de Mostaza, tamén do árabe «mustashfá», co significado de «hospital» ou ben do árabe «mustashar», co significado de «escribán» ou «asesor». Tamén o topónimo de Faxín, do árabe «fajj», co significado de «camiño», «porto», «desfiladeiro», «paso entre montañas ou outeiros». E Faxilde ou Faílde, do árabe «fajj» e o xermanismo «hilde», co significado de «desfiladeiro do combate» ou «val do combate», ou Almozara, co significado de «chaira destinada a exercicios militares ou campamentos militares». Tamén a Rabadeira vén do árabe «rabad», co significado de «barrio» ou «suburbio» e Arijón vén do árabe «arij», co significado de «fragancia», «aroma» ou «frescura». Tamén Mira e o Chafariz.

Por último e xa que falamos do mítico Monte Medulio ao que fai referencia o topónimo de Portomedal na parroquia de Cousieiro, moi preto de Portomedal e no límite dos contrafortes montañosos da penechaira xalleira atópase o pequeniño núcleo rural de Lal, en primeira liña de batalla do hipotético foxo de 23 km (15 millas romanas) que recollen as crónicas romanas formando parte do Monte Medulio e da devandita penechaira xalleira. O topónimo de Lal pode vir de «leal» (de alí>dalí, de aquela>daquela), en referencia ao pobo que morreu heroicamente por defenderse e ser fiel aos seus ideais irredentos, ou ben ser un hipocorístico «lalo» de «Gonzalo» ou «Gundisalvo», un nome de orixe xermánica que significa «o que loita», «disposto para a loita» ou «preparado para a loita».

Na zona de Padreiro tamén temos un interesante topónimo Vilardante, do normando «danter» «dant», co significado de «dominus» ou o verbo inglés «to daunt» co significado de «subxugar» «dominar», e tamén un Alvarín, do vikingo «hall» e «var», co significado de «guardián da pedra», e Vilartide, co significado de vilar de Titus.

Xa para rematar e cambiando un pouco de tema, tanto «a illa» «o illó» «o ulló» son topónimos que fan referencia a un lugar húmido ou encharcable, e responden ao proceso urbanizador de abandono paulatino dos castros polas zonas baixas dos vales. E Çiçere pode vir de Çesare (libro do subsidio_1500), do latín vulgar «sessare», co significado de «asentarse».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos