O Club Deportivo Porteño foi un dos fundadores da Liga da Costa no 1964. Daquelas fazañas deportivas dan conta o xornais coruñeses e as coplas populares locais. Tamén de cando o Baio trouxo o farol vermello a Ponte do Porto, colocado uns días na farola da porta de Angélica Miñones, ata que recibiu un fumeirazo e o tiraron ao río. Tras as primeiras desazóns no 1969 recomponse a directiva e o clube. Conta este ano con 32 socios que retoman as ansias futboleiras e crean un equipo competitivo. O presidente é Inocencio Santos Precedo, Vicepresidente Manuel Mayo Lemus e o Secretario Isaac Pérez Devesa.
Temos adicado as cantigas da ría unha serie de artículos, e dentro deste apartado aparecen as coplas de entruido e as regueifas. A Sección Femenina nos anos sesenta traballou para a recuperación de cantos e bailes tradicionais na Ponte do Porto e Camariñas. No Festival de Fátima de 1965 houbo un homenaxe a regueifa que daquela ainda contaba con mestres destacados na volta da feira da Ponte como O Caldeireiro de Carnés. Nesta ocasión a moza Margarita Diaz Lema adicoulle una regueifa ao C.D. Porteño, que aínda é recordada.
REGUEIFA DEDICADA AL PORTEÑO
A regueifa está na mesa
vámola cantar agora
pedimos pros futbolistas
que boten a meiga fora.
Que boten a «meiga» fora
pra eso hay que andar listo
anque sea recurrimos
a unha rama de «trevisco».
Os xogadores da Ponte
foron a liga da «costa»
pero teñen pouca sorte
e foron quedando a cola
Eles xogar, xogan bem
sempre foron os mellores
pois os equipos de fora
sempre foron inferiores
Todos nosos xogadores
non se miden pola talla
que se miden polos goles
como o que marcou Italia.
Os xogadores da ponte
din que teñen o meigallo
dixeron que Juan Ramón
untara as botas con allo.
E, pequeño, é agudo
e tamén un pouco pillo
non hubo «goles» la «liga».
como o que marcou Currillo.
O que é veloz como un «rayo»
e Ricardo do Outeiro
pois correndo coa pelota
asustaba o mundo enteiro.
Os rapaces do Porteño
perderonse sin razón
pois non hai ningún na «liga»
da talla de Juan Ramón.
Victor xoga que arrabea
mándache truco con el
marcou un «gol» coa cabeza
que nunca o vin como el.
O Liguero non é malo
si tomara a cousa en serio
como esta sempre de chunga
para o «balón» co trasero.
Do noso porteiro Pepe
foi todo mundo a falar
para moi ben os difíciles
e os outros deixa pasar.
Rafael é bo defensa
da gloria velo xogar
da unhas patadas no campo
que os de fora fai temblar.
Barroso é batallador
merece ser «campeón»
defendia a porteria
coa furia dún «león».
Por que perden unha vez
non hai que poñer mala cara
porque hubo quen quedou
tan negro como a sotana.
Pero o «árbitro» falloulle
pois enchéronlle o bolsillo
por culpa de este canalla
cargaron co farolillo.
O farolillo encarnado
bonito como un cravel
anque crean o contrario
estamos contentos con el.
Anque eles non teñan sorte
que non teñan moita pena
si xuntan moitos faroles
facemos unha verbena.
A regueifa esta na mesa
e ten o farol colgado
facía falta na Ponte
pois temos pouco alumbrado.
A afición tamén merece
que lle boten unha copla
foron arriba e abaixo
sempre atopando a derrota.
Si perdemos esta liga
ganaremos outra ves
para eso que nos poña
a bendición Don Andrés.